domingo, 4 de mayo de 2014

O día do libro compartimos lecturas

O DÍA 23 DE ABRIL celebramos no centro o Día Internacional do Libro. Repetimos a actividade de lectura compartida ao aire libre porque o ano pasado gozaramos moito con ela. Para iso pedimos de novo que os nenos/as trouxeran un conto da súa casa para ler no patio. 




Como o tempo non acompañou moito e non sabiamos se nalgún momento nos daría algún sustiño deses de sair correndo, os máis pequenos quedaron baixo o abrigo do patio cuberto e a aula de psicomotricidade. Os de cinco aproveitaron a situación para compartir os seus contos cos compañeiros tanto da súa aula como da outra e así  rir xuntos coas lecturas, recomendarse contos, emocionarse coas ilustracións, ... 




















Hai algo mellor neste día que compartir un libro cun amigo/a?

No hay comentarios:

Publicar un comentario